28 novembro, 2008 | 11:25:00
A Biblioteca Central do campus de Ourense colabora na 6ª Olimpiada Solidaria de Estudio©
Desde o pasado día 5 de novembro, e ata o 5 de decembro, a Biblioteca Central do campus de Ourense participa nas actividades que se desenvolven no campus dentro da 6ª Olimpiada Solidaria de Estudio © organizada pola ONG Coopera (Jóvenes para la Cooperación al Desarrollo).
A Olimpíada está concibida como unha acción de sensibilización e educación ao desenvolvemento dirixida á xuventude. Organizada desde 2003 en Logroño, este ano conta coa a participación como colaboradora da Universidade de Vigo. Para iso instalouse unha urna na Biblioteca Central do campus de Ourense na que os alumnos e alumnas poden rexistrar nela as súas horas de traballo e estudo para trocalas despois por euros simbólicos. Por cada euro simbólico, os patrocinadores da iniciativa (entidades públicas e empresas privadas) destinarán un euro a financiar proxectos educativos en Ecuador, Camerún, Haití e Angola. Para máis información sobre a iniciativa pode consultarse a
páxina que Coopera dedica no seu sitio web, así como a propia
web da Olimpiada.