17 novembro, 2008 | 12:45:00
Publicado ”Biblioteca 2.0”, o proxecto de estudo do Consorcio Bugalicia
O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) buscando a integración de novos servizos no eido da Biblioteca 2.0, ven de publicar o seu proxecto de estudo que recolle o estado do arte nesta materia. O informe, elaborado por Catuxa Seoane e a empresa Galinus.
Como sinala o documento, "o concepto de "Biblioteca 2.0" é o nome dado ás bibliotecas que aproveitan as ideas e aplicacións da Web 2.0: políticas e servizos para promover a participación activa da comunidade na creación de contidos (reseñas de libros), servizos de recomendacións, asignando descriptores a materiais (fotos, vídeo, texto), e bibliografía compartida (delicious)".
Nas súas conclusións, o informe tamén alerta sobre o feito de que "as ferramentas tecnolóxicas propias da Web 2.0 non son nada sen antes non logramos un cambio de actitude, o rol dos recursos humanos é fundamental". Unha biblioteca 2.0 non é posible sen bibliotecarios e biblitecarias que coñezan e dominen as ferramentas propias da Web 2.0, é dicir, "bibliotecarios capaces de adecuarse á realidade dos nosos usuarios e de evolucionar cos cambios do contorno".
O informe complétase cunha completa bibliografía referenciada e etiquetada na conta de Bugalicia de Del.icio.us.