16 outubro, 2008 | 11:54:00

O CONSORCIO BUGALICIA ESTUDA A PRODUCION CIENTÍFICA DOS INVESTIGADORES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

O Consorcio Bugalicia elaborou tres estudos bibliométricos sobre a produción científica dos investigadores do Sistema Universitario Galego (SUG) segundo as bases de datos do ISI e Scopus de Elsevier.

Os estudos, difundidos a través da web de Bugalicia son : Informe semestral da produción científica do SUG nas bases de datos de Thomson ISI, Informe semestral da produción científica do SUG nas bases de datos de Scopus e Evolución da produción científica galega do SUG nas bases de datos de ISI 2002-2006.

O primeiro estudo (1ª semestre de 2008, ISI) pon de manifesto que as áreas  ANEP nas que os investigadores galegos publicaron un maior número traballos está encabezada pola Química (177 traballos), seguida por Xeociencias (108), Física e Ciencias do Espazo (104), Bioloxía Molecular e Celular e Xenética (93), Medicina (85) e Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía (81). Pola súa banda, o estudo baseado en Scopus revela que os campos (segundo clasificación de materias propia) nos que máis publican os investigadores son: Agricultura e Ciencias Biolóxicas (121 traballos), Bioquímica, Xenética e Bioloxía Molecular (109), Enxeñería (109), Ciencias Ambientais (82) e Física e Astronomía (81).

O último estudo, centrado na evolución da produción científica do SUG no período 2002-2006 (segundo datos de ISI), detecta, entre outras cousas, un incremento sostido da publicación de traballos de investigación no conxunto do  SUG (a UVigo pasou de 488 traballos en 2002 a 686 en 2006) e o avance rexistrado na publicación de traballos en Xeociencias, Física e Ciencias do Espazo, Fisioloxía e Farmacología, e Tecnoloxía Química.

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal