Dende o día 1 de xullo de 2008 todo o contido das revistas de Blackwell Synergy (incluido o texto completo en HTML e PDF dos artigos de fascículos en curso, arquivos ou backfiles, e fascículos publicados en liña antes que impresos), incorporarase á plataforma Wiley InterScience. Para o fin de semana do 28-29 de xuño de 2008 está programado o período en que ámbalas dúas plataformas non estarán dispoñibles mentres dure a transición e a reindexación de datos.
Despois do 1 de xullo de 2008, a plataforma Blackwell Synergy deixará de estar dispoñible e todo o seu contido incorporarase a Wiley InterScience. Esta fusión fará que 2 millóns de artigos de arredor de 1.400 revistas-e estean dispoñibles nunha única plataforma. No obstante, lembrase que aínda que as coleccións de revistas-e de Blackwell foron subscritas na súa totalidade polo Consorcio Bugalicia, no caso de Wiley o acceso correspóndese cos títulos do "Wiley Spanish National Consortium" que non inclúe o acceso á totalidade dos títulos publicados pola editorial Wiley.