O Consorcio de BIbliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) traduciu recentemente ao galego o informe Researchers´ use of academic libraries and their services encargado pola Research Information Network (RIN) e o Consorcio de Bibliotecas de Investigación das Illas Británicas (CURL). O estudo foi elaborado por Sheridan Brown e Alma Swan de Key Perspectives Ltd. Traducido ao galego por Carmen Balsa unha vez obtido polo Consorcio o permiso dos editores, o informe está dispoñible la web de Bugalicia na sección "estudos".