Con motivo dos exames do segundo período e de segunda oportunidade, a Biblioteca Universitaria anuncia unha nova programación de aperturas especiais. Os horarios nocturnos empezarán o vindeiro luns 27 de abril mentres que os horarios de fin de semana comezarán a partir do 2 de maio...
Fins de semana: sábados e domingos comprendidos entre o 2 de maio e o 12 de xullo de 2026 en horario de 9:00 a 21:00 horas nas bibliotecas central de Ourense, central de Pontevedra, central de Vigo e Torrecedeira.
Noites: de luns a venres, agás festivos, do 27 de abril ao 30 de xuño de 2026 ata a 01:00 hora da madrugada e do 1 ao 10 de xullo de 2026 ata as 00:00 horas da noite nas bibliotecas central de Ourense, central de Pontevedra e Torrecedeira.
Imaxe de lil foot en Pixabay