Desde hoxe, o buscador da Biblioteca Universitaria, Perseo, ofrece un novo espazo para consultar as novas adquisicións e as coleccións persoais que forman parte dos seus fondos bibliograficos. A este espazo de coleccións accédese desde a páxina de inicio de Perseo (perseo.uvigo.gal) nos apartados Novidades e Coleccións do menú da esquerda...
Froito do traballo das seccións de Automatización e Proceso Técnico e de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación, estes apartados ofrecen información sobre as novas adquisicións bibliográficas dos últimos 30 días clasificadas por biblioteca, as novidades literarias incluídas nas coleccións de todas as bibliotecas ao longo dos últimos 60 días e as coleccións persoais doadas á Biblioteca Universitaria e incorporadas aos seus fondos.
Para calquera consulta, por favor, diríxase á Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación, Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende (Vigo) no teléfono 986 813 843 ou no correo o referencia@uvigo.gal