6 abril, 2026 | 12:41:00

A UVigo conmemora o Día do Libro LGTBIQA+ con arte e literatura nos tres campus

Para conmemorar o día do libro LGTBIQA+, a Unidade de Diversidade da Universidade de Vigo en colaboración coa Biblioteca Universitaria, organiza unha exposición bibliográfica do 6 ao 15 de abril nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo...

A través dunha selección bibliográfica a mostra persegue visibilizar as experiencias e realidades das persoas LGTBIQA+ para diminuír prexuízos, promover unha visión inclusiva da diversidade afectivo-sexual e de xénero e achegar coñecemento multidisciplinar vinculado ás teorías que estudan a diversidade. A exposición enmárcase tamén no compromiso institucional da UVigo cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): o obxectivo 4 (Educación de calidade), promovendo unha formación inclusiva e crítica; o obxectivo 5 (Igualdade de xénero), combatendo as desigualdades do sistema sexo-xénero; o obxectivo 10 (Redución das desigualdades), visibilizando colectivos historicamente marxinados, e o obxectivo 16 (Paz, xustiza e institucións sólidas), fomentando espazos seguros e respectuosos.

A mostra, que terá lugar nas bibliotecas centrais de Vigo e Ourense e maila biblioteca de Belas Artes en Pontevedra, acompáñase de colaboracións especiais en diálogo coas exposicións bibliográficas dos fondos da Biblioteca Universitaria: a exposición fotográfica "Corpos e Rostros B" cedida pola Asociación Nós Mesmas na biblioteca central de Vigo e a mostra fotográfica "@XES: Propuestas artísticas para una nueva arquitectura social" na biblioteca central de Ourense.

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

abril 2026
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2026 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal