A Biblioteca da Universidade de Vigo, súmase ao Reto #LapiseVacinas de UNICEF España, unha iniciativa na que cada doazón permite o envío dun lote que contén dez lapis e as vacinas necesarias para a pauta completa contra a polio e o sarampelo...
O obxectivo é conseguir 100.000 lotes, dos que ata o de agora se acadaron máis de 27.000. A proposta de UNICEF-Comité de Galicia, a Biblioteca Universitaria quere contribuír á visibilización da campaña mediante á distribución de marcapáxinas relativos á iniciativa a través das once bibliotecas que forman a Biblioteca da Universidade de Vigo de maneira que poidan chegar á comunidade universitaria. Porque cun simple xesto, podemos escribir futuros e protexer presentes.