3 decembro, 2024 | 12:54:00

Novo informe sobre as publicacións científicas da Universidade de Vigo en Acceso aberto

A Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca Universitaria ven de publicar informe As publicacións científicas da Universidade de Vigo en Acceso aberto: semana do Acceso Aberto 2024. Este informe fai un estudo das publicacións en acceso aberto producidas polo persoal investigador desta universidade entre 2014 e 2023 baseandose na Web of Science (WoS)...


A finalidade do informe é presentar os datos sobre a evolución da participación da UVigo no movemento do acceso aberto. Así, con relación ao período 2014-2023, os datos máis destacados son:

  • Un 49,53% do total de documentos da UVigo indexados en WoS está en acceso aberto.
  • Os documentos en acceso aberto da UVigo acadan un impacto normalizado en WoS de 1"27, o que supón que reciben un 27% máis de citas que a media dos documentos do mesmo ano e ámbito temático. Este indicador está por riba do conxunto das publicacións da universidade indexadas en WoS nese período (1"06).
  • Os ámbitos temáticos nos que a UVigo publicou unha porcentaxe máis elevada de documentos en acceso aberto son física (62,05%), ciencias da terra (61,03%) e economía e estatística (59,32%).

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en open access
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

abril 2025
LMMXVSD
31123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
2829301234
567891011
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal