18 novembro, 2024 | 08:12:00

Acceso aos libros dixitais das universidades españolas asociadas a UNE

Logo dos acordos establecidos polo Servizo de Publicacións e a Biblioteca da Universidade de Vigo coa Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE), a comunidade universitaria pode acceder ás coleccións de monografías e manuais publicados por universidades españolas asociadas á UNE...

Estas coleccións de libros dixitais, accesibles desde o buscador Perseo da Biblioteca Universitaria, poñen a disposición dos membros da comunidade universitaria máis de 16.500 títulos publicados polas editoriais das universidades españolas e outros centros de investigación. A través da plataforma Unebook todos os usuarios e usuarias da comunidade universitaria da UVigo poden acceder ás monografías e manuais de todas as áreas de coñecemento de 58 universidades españolas e doutras institucións como o CSIC, a Casa de Velázquez ou o Centro de Estudios Políticos y Constitucionales. Cunha boa cantidade de obras correspondentes a ciencias sociais e humanidades, os libros están publicados en formato HTML5 e PDF, o cal facilita a busca semántica e, deste xeito, a recuperación da información e datos máis relevantes. O acceso faise mediante unha licencia non concorrente para cada título.

Imaxe de Moondance en Pixabay

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en libros-e
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

diciembre 2024
LMMXVSD
2526272829301
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
303112345
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal