16 abril, 2024 | 14:01:00

Programación de aperturas especiais de bibliotecas desde o 27 de abril ao 14 de xullo de 2024

Coa finalidade de facilitar ao estudantado a preparación das probas de avaliación do segundo período e de segunda oportunidade, a Biblioteca Universitaria programou novas aperturas especiais de bibliotecas desde o vindeiro 27 de abril ao 14 de xullo consonte o seguinte calendario e horarios: 

  • Apertura en fin de semana: nas bibliotecas centrais dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra e na biblioteca de Torrecedeira, en horario de 9:00 a 21:00 h., os sábados e domingos desde o 27 de abril ao 14 de xullo, máis os festivos do 1 e do 17 de maio e, en Pontevedra, o festivo local do 11 de xullo.
  • Aperturas nocturnas: nas bibliotecas centrais dos campus de Ourense e Pontevedra e na biblioteca de Torrecedeira, o horario ordinario ampliarase ata a 1:00 da madrugada de luns a venres (agás festivos), desde o 29 de abril ata o 28 de xuño.  No mes de xullo, desde o día 1 ata o 12 de xullo, o horario nocturno rematará ás 0:00 h.
  • Ampliación do horario ordinario ata as 21:00 h. durante os períodos de redución horaria do mes de xullo, de luns a venres (agás festivos) do 1 ao 12 de xullo nas bibliotecas centrais dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra e na biblioteca de Torrecedeira.

+ información na web da Biblioteca Universitaria.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

octubre 2024
LMMXVSD
30123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal