20 febreiro, 2024 | 08:54:00

Manifesto de REBIUN a prol dos repositorios de acceso aberto

Na súa Asamblea do pasado 29 de novembro de 2023, a rede de bibliotecas universitarias españolas REBIUN aprobou o manifesto «En defensa de los repositorios de acceso abierto». Coa finalidade de mellorar a súa difusión, elaborou tamén unha versión máis concisa en formato infografía que, xunto co documento do manifesto, se engade a este post....

Segundo REBIUN este manifesto cobra agora máis importancia que nunca por mor da recente convocatoria de sexenios de investigación da ANECA que puxo de manifesto o descoñecemento que moitas persoas que traballan nas universidades españolas teñen acerca do espíritu, funcionamento e obxectivos dos repositorios institucionais.

Desde o ano 2016 a Universidade de Vigo conta co repositorio institucional Investigo, que xestionado pola Biblioteca Universitaria, trata de difundir e preservar a produción científica do persoal investigador da universidade recollida en artigos científicos, libros e capítulos de libros, relatorios e comunicacións a congresos e reunións científicas, así como nas teses de doutoramento lidas na UVigo.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en open access
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

febrero 2025
LMMXVSD
272829303112
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272812
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal