26 outubro, 2023 | 13:26:00

Aperturas especiais de bibliotecas en decembro 2023 e xaneiro 2024

A Biblioteca Universitaria ven de programar un novo período de aperturas especiais en noites, festivos e fins de semana no marco dos exames do primeiro cuadrimestre. Estas aperturas, iniciaranse o vindeiro sábado, 2 de decembro de 2023, e rematarán o domingo 21 de xaneiro do ano 2024. O detalle da programación é o seguinte... 

  • Aperturas de fin de semana: bibliotecas centrais de Vigo, Ourense e Pontevedra e maila biblioteca de Torrecedeira en horario de 9 a 21 horas, desde o sábado 2 de decembro de 2023 ao domingo 21 de xaneiro de 2023, máis os festivos de 6 e 8 de decembro. Non obstante, as bibliotecas permanecerán pechadas os días 23, 24, 25, 30 e 31 de decembro e os días 1, 6 e 7 de xaneiro.
  • Aperturas nocturnas: bibliotecas centrais de Ourense e Pontevedra e maila biblioteca de Torrecedeira ata a 1 da madrugada de luns a venres, agás festivos, desde o 4 de decembro ao 22 de decembro de 2023 e desde o 8 de xaneiro ao 19 de xaneiro de 2024.


Ademais, durante o período non lectivo segundo o calendario académico do curso 2023-24 (23 de decembro a 7 de xaneiro), as bibliotecas centrais de Vigo, Ourense e Pontevedra e maila biblioteca de Torrecedeira ampliarán o seu horario reducido ata as 21 horas de luns a venres, agás festivos, entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro.


Foto: Wokandapix en Pixabay 

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

abril 2024
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293012345
6789101112
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal