A Comisión Permanente de REBIUN, a Red de Bibliotecas Universitarias y Científicas Españolas, co gallo dos vinte anos de traballo cooperativo do proxecto Dialnet, emitiu unha declaración de recoñecemento á súa traxectoria...
Nacido en 2002 como un portal bibliográfico enfocado ás ciencias humanas, xurídicas e sociais, a Biblioteca da Universidade de Vigo asinou o convenio de adhesión a Dialnet en abril do ano 2016. Na actualidade, ademáis de estar presente no portal bibliografico grazas ao traballo das Seccións de Automatización e Proceso Técnico e de Publicacións Periódicas, a Biblioteca participa tamén nos proxectos Dialnet Métricas e Dialnet Portal de la Investigación no cal se está a desenvolver o Portal da Investigación da Universidade de Vigo en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.