29 xuño, 2023 | 11:23:00

Horario ordinario de verán das bibliotecas da UVigo (xullo e agosto)

Ao longo dos meses de xullo e agosto as bibliotecas da Universidade de Vigo van axustar os seus horarios ordinarios de apertura ao público co gallo da redución horaria da xornada de traballo e o peche da universidade desde 7 ao 22 de agosto... 

Estes horarios ordinarios (é dicir, de luns a venres agás festivos), quedan do seguinte xeito: 

  • Biblioteca central de Vigo: do 3 ao 14 de xullo de 9:15 a 20:45 h., e do 17 ao 31 de xullo de 9:15 a 18:45 h.  Agosto de 9:15 a 13:45 h. (agás do 7 ao 22 polo peche da universidade).
  • Bibliotecas centrais de Ourense e Pontevedra, e biblioteca de Torrecedeira: do 3 ao 14 de xullo de 9:15 a 23:45 h., e do 17 ao 31 de xullo de 9:15 a 18:45 h. Agosto de 9:15 a 13:45 h. (agás do 7 ao 22 polo peche da universidade).
  • Resto de bibliotecas (agás a biblioteca de Belas Artes): xullo de 9:15 a 18:45 h. e agosto de 9:15 a 13:45 h. (agás do 7 ao 22 polo peche da universidade).
  • Biblioteca de Belas Artes: do 3 ao 14 de xullo de 9:15 a 23:45 h., e do 17 ao 31 de xullo de 9:15 a 18:45 h. Agosto de 9:15 a 13:45 h. (agás do 7 ao 22 polo peche da universidade).

Imaxe de WikiImages en Pixabay

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal