23 xuño, 2023 | 11:49:00

Cancelación da antiga versión de RefWorks (RefWorks Legacy)

A Biblioteca Universitaria informa que o vindeiro 30 de xuño cancelarase a antiga versión de RefWorks (RefWorks Legacy) que, desde 2016, estaba a convivir coa nova versión (New Refworks). A partir desa data non será posible acceder as referencias almacenadas na contas da versión Legacy...

Para facilitar a cambio, a Biblioteca migrará os datos das contas creadas cun correo institucional daquelas persoas usuarias que non migraron os datos á nova versión. Unha vez feita a migración, estas persoas recibirán un correo-e de RefWorks ProQuest invitándoas a completar o rexistro na nova conta.

A nova versión de RefWorks é moito máis amigable e ofrece funcionalidades que permiten xestionar dun xeito máis eficaz as referencias almacenadas no xestor.  Na guía da Biblioteca sobre RefWorks Legacy pódese atopar a axuda necesaria para: migrar a conta á nova versión de RefWorks (versión azul New RefWorks), comezar a traballar coa nova versión e, se o usuario/a xa non é membro da comunidade universitaria da UVigo, descargar a información para almacenala noutro xestor. Para calquera dúbida o consulta contacta coa Sección de Soporte ao Aprendixaxe e á Investigación no correo referencia2@uvigo.gal ou no teléfono 986 813 843.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en avisos
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

diciembre 2025
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930311234
567891011
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal