14 abril, 2023 | 11:52:00
Novo período de aperturas extraordinarias de bibliotecas desde o 29 de abril ao 16 de xullo de 2023
A Biblioteca Universitaria anuncia unha nova programación de aperturas extraordinarias (nocturnas e de fin de semana) con motivo do desenvolvemento do segundo período de exames e da convocatoria de segunda oportunidade. A programación, que comezará o sábado 28 de abril e remataró o vindeiro 16 de xullo, consta do seguinte calendario e horarios...
- Horarios de fin de semana e festivos: desde o sábado 29 de abril ao domingo 16 de xullo (mailos festivos de 1 e 17 de maio) en horario de 9:00 a 21:00 h. nas bibliotecas centrais de Vigo, Ourense e Pontevedra e a biblioteca de Torrecedeira.
- Horarios nocturnos: de luns a venres do 2 de maio ao 30 de xuño (agás festivos) en horario de 8:30 a 1.00 h. da madrugada, e de luns a venres do 3 ao 14 de xullo en horario de 9:00 a 0:00 h., nas bibliotecas centrais de Ourense e Pontevedra e a biblioteca de Torrecedeira.
Máis información na páxina web da Biblioteca
Imaxe: Evgeni Tcherkasski en Pixabay