24 outubro, 2022 | 08:42:00

Semana Internacional do Acceso Aberto na Universidade de Vigo

Do 24 ao 30 de outubro celébrase a Semana internacional do acceso aberto, unha iniciativa anual dirixida a promover o acceso aberto no mundo académico e da investigación. Este ano o seu lema é "Aberto para a xustiza climática" e ten como obxectivo concienciar sobre como o acceso aberto pode ser un medio para acadar mais xustiza climática...


Un ano máis a Biblioteca da Universidade de Vigo vai conmemorar esta semana coa publicación do informe As publicacións científicas na Universidade de Vigo en acceso aberto (próxima publicación) e dúas mesas redondas dirixidas a toda a comunidade universitaria e programadas pola Biblioteca Universitaria en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.

  • Mesa redonda 1. A contribución dos recursos educativos abertos ao logro dos ODS da Axenda 2030 (25 de outubro)
  • Mesa redonda 2. Políticas de Ciencia Aberta en Europa, España e América Latina (27 de outubro)

Invitámosvos a asistir ás mesas redondas programadas e a difundir a iniciativa entre a comunidade universitaria. Ambas as dúas mesas retransmitiranse en directo pola canle 2 de UVigoTV.  Podedes consultar o programa completo nesta ligazón ou, tamén, consultar a noticia no DUVI. 

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

diciembre 2025
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930311234
567891011
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal