Coa colaboración da Vicerreitoría de Investigación, a Biblioteca Universitaria está a conmemorar a Semana Internacional do Acceso Aberto (Open Access Week 2020). A semana, do 19 ao 25 de outubro, está dirixida a promover en todo o mundo o movemento do acceso aberto ao coñecemento científico...
Por primeira vez a Biblioteca da UVigo únese a esta celebración internacional cun programa dirixido a toda a comunidade universitaria formado por dous seminarios web (21 e 23 de outubro) e a difusión dunha selección de recursos sobre o acceso aberto na Biblioteca: infografías, informes, guías.... O segundo seminario, que poñerá broche á conmemoración, conta coa participación dun dos principais especialistas europeos en acceso aberto, Ignasi Labastida, responsable da Unidade de Investigación do CRAI da Universitat de Barcelona, presidente da xunta directiva de SPARC Europe e principal impulsor da introdución das licenzas Creative Commons en España.
Más información na web da UVigo