11 xuño, 2020 | 13:52:00

As publicacións do persoal investigador da UVigo sobre o desenvolvemento sostible e os ODS

Elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca Universitaria, preséntase o informe "Desenvolvemento sostible e ODS nas publicacións científicas, 2010-2019". Partindo dos datos recollidos na base de datos Dimensions sobre as publicacións relacionadas cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), o informa analiza o conxunto destas publicacións e céntrase nas asinadas por membros da UVigo. Remata o estudo unha comparación das publicacións da nosa universidade coas das universidades da contorna inmedianta: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña, Universidade de Porto, Universidade do Minho e Universidade de Aveiro...

A base de datos Dimensions indexa 3.109.123 documentos publicados entre 2010 e 2019 sobre o desenvolvemento sostible e os ODS da Axenda 2030. Deles, 1.236 foron asinados por membros da UVigo. A maioría destes documentos refírense aos obxectivos 4 (Educación de calidade), 7 (Enerxía accesible e non contaminante) e 13 (Acción polo clima). No informe completo incluense datos e gráficos sobre: a evolución do número de publicacións totais e por ODS, a distribución das publicacións por tipo de documento e tipo de publicación, os títulos das revistas nos que máis artigos se publicaron, as institucións e países cun maior número de publicacións, os países e institucións cos que a UVigo ten colaborado nas súas publicacións sobre ODS e a comparación das publicacións da nosa universidade coas das universidades da contorna. O estudo completo pódese descargar na guía da biblioteca dedicada a informes e estudos bibliométricos.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en bibliometría
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal