26 maio, 2020 | 18:31:00

Novo número do boletín Impacto: a sinatura científica

O número 7 do boletín Impacto está dedicado á sinatura científica e á relevancia que ten para a recuperación das publicacións nas bases de datos bibliográficas e outras fontes de información. Estas bases de datos recuperan a información dos autores e autoras das publicacións tal como aparece nelas, é dicir, identifican á persoa polo nome que esta emprega (ou polo identificador persoal, se existe), e a institución na que traballa pola filiación que esta persoa inclúe na sinatura. Pero isto pode causar algúns problemas que impiden que se identifique ben aos autores/as e, por tanto, perdan visibilidade...

Así, por exemplo, eses traballos nos que o autor/a non inclúe a referencia á Universidade de Vigo, non van ser recuperados como publicacións desta institución. Do mesmo xeito, se unha persoa utiliza formas diferentes do seu nome nas súas publicacións (usando un ou dous apelidos, por exemplo), as bases de datos van considerar que se trata de persoas diferentes, e cómpre realizar un traballo posterior de unificación para solucionar esta cuestión. Isto repercute non só na recuperación das publicacións desa persoa ou institución, senón tamén nos indicadores bibliométricos que resultan da análise desas publicacións.

Neste boletín achegamos tamén información sobre a presenza dos centros de investigación da UVigo nas bases de datos bibliográficas: CINBIO, CIM-Uvigo, atlanTTic e CINTECX, que xa contan con perfil institucional propio en WoS e Scopus. Grazas a isto é posible recuperar e analizar as súas publicacións de xeito independente ao resto das publicacións da UVigo. Pero estes perfís só recollen aquelas publicacións nas que os autores/as incluíron o nome do seu centro na sinatura científica. Por iso é moi importante que o persoal investigador constrúa a súa sinatura científica de xeito que facilite a visibilidade e análise das súas publicacións.

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal