25 novembro, 2019 | 12:25:00

A presenza da violencia de xénero nas publicacións científicas

Co gallo do 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra a muller, e das actividades Bibliolab, organizadas pola Unidade de Igualdade coa colaboración da Biblioteca Universitaria, presentamos un estudo sobre a presenza da violencia de xénero nas publicacións científicas e o número 6 do boletín Impacto que recolle os datos máis relevantes obtidos no estudo...

O estudo recolle a evolución no tempo do número de publicacións indexadas en tres bases de datos bibliográficas (Scopus, WoS e Dialnet), os países que publican un maior número de traballos sobre esta temática, os ámbitos temáticos nos que se publican traballos relacionados coa violencia de xénero, as palabras clave que aparecen con máis frecuencia nas tres bases de datos e os traballos publicados por membros das institucións galegas.  Completa o estudo unha escolma de referencias de traballos destacados: os máis citados nas bases de datos internacionais, as publicacións procedentes da Universidade de Vigo recollidas en Scopus e WoS, e os documentos en galego recollidos na base de datos Dialnet.

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

enero 2025
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829303112
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal