29 novembro, 2018 | 12:19:00

Estudo da Biblioteca sobre as publicacións científicas do persoal investigador da UVigo en 2017

O persoal investigador da Universidade de Vigo publica cada ano centos de artigos científicos, capítulos de libros, monografías, comunicacións... A Biblioteca Universitaria presenta o estudo dos datos máis relevantes das publicacións da Universidade de Vigo en 2017, recollidas en Web of Science (WoS) e Scopus, e a evolución das publicacións nos últimos 10 anos...

Elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos, o estudo amosa como datos máis relevantes do ano 2017 os seguintes:

- 1.359 documentos recollidos en WoS e 1.535 documentos recollidos en Scopus asinados por membros da UVigo
- 73% das publicacións recollidas en WoS foron publicadas en revistas JCR
- 1.02 foi o impacto normalizado acadado en WoS polo conxunto das publicacións da universidade
- 48% das publicacións recollidas en WoS foron publicadas en colaboración con persoas que traballan en institucións doutros países
- 23% dos traballos recollidos en Scopus foron publicados en revistas de acceso aberto

O estudo completo pódese consultar na seguinte ligazón, que recolle ademais os resultados doutros dous estudos:  Universidade de Vigo: publicacións científicas en acceso aberto (feb. 2018) e As publicacións científicas da UVigo no contexto das universidades do suroeste de Europa (xan.2018).

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

enero 2025
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829303112
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal