Co gallo da chegada dos exames de decembro-xaneiro, a Biblioteca Universitaria vai organizar unha programación de aperturas en horarios especiais (noites e fins de semana) a partir do vindeiro sábado 24 de novembro e ata o 17 de xaneiro de 2019. As datas e horarios desta programación son os seguintes...
- Fins de semana e días festivos: de 8 a 22 h. nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra ás fins de semana comprendidas entre o sábado 24 de novembro e o domingo 16 de decembro de 2018 (mais o festivo do 6 de decembro). No mes de xaneiro de 2019, as aperturas de fin de semana comezarán o sábado 5 e rematarán o domingo 13. Nestas mesmas datas, aínda que en horario de 9 a 21 h., tamén abrirá a Biblioteca Central do Campus Lagoas-Marcosende (Vigo).
- Noites: apertura ata as 3 h. da madrugada nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, do luns 26 de novembro ao venres 21 de decembro (agás o festivo do 6 de decembro), e do luns 7 de xaneiro ao xoves 17 de xaneiro.