Xa está aberta en Bubela a inscrición a 14ª edición do curso virtual "Máis alá de Google: como buscar e xestionar información para un traballo académico" que se desenvolverá do vindeiro 24 de outubro ao 25 de novembro deste ano 2016.
O curso, que conta con recoñecemento de créditos por 30 horas de traballo, ten por finalidade axudar aos estudantes na realización dos seus traballos académicos, dándolles a coñecer as principais fontes onde atopar información, como organizala adecuadamente, como utilizala de forma ética e legal evitando o plaxio etc