A Biblioteca Universitaria está a organizar un novo período de aperturas especiais en fins de semana e noites co gallo dos exames da convocatoria de xullo. O novo período comezará o vindeiro sábado, 11 de xuño, e prolongarase ata o dómingo 10 de xullo...
- Aperturas nocturnas: ata as 3:00 da madrugada nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, de luns a venres, desde o 13 de xuño ao 8 de xullo (agás o festivo 24 de xuño, día de S. Xoán e, en Pontevedra, o festivo 11 de xullo, día de S.Bieito).
- Aperturas de fin de semana: desde sábado 11 de xuño ao domingo 10 de xullo (ambos os dous incluídos) máis o venres 24 de xuño (e, en Pontevedra tamén o luns11 de xullo), nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra cun horario ininterrrompido de 8:00 a 22:00 h. Nesas mesas datas abrirá tamén a biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) aínda que cun horario de 9:00 a 21:00 h.
Imaxe: zwenzini, Studying, en Flickr , (CC BY 2.0)