Co gallo dos exames do segundo cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria organiza unha nova programación de horarios especiais de apertura a partir do vindeiro sábado, 18 de abril...
A apertura nocturna ata as 3 da madrugada de luns a venres, desenvolverase nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra desde o luns 20 de abril ao xoves 28 de maio de 2015.
As aperturas de fin semana terán lugar durante todas as fins de semana comprendidas entre o sábado 18 de abril e o domingo 24 de maio de 2015, ambos os dous incluídos. Estas aperturas produciranse nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra cun horario ininterrompido de 8 a 22 h.e en la biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) cun horario de 9 a 21 h. O festivo día 1 de maio, estas bibliotecas tamén abrirán cos eses mesmos horarios.