8 agosto, 2014 | 13:42:00

A Biblioteca lanza un novo localizador de recursos-e

A Biblioteca Universitaria lanza hoxe unha nova ferramenta para facilitar o acceso integrado aos recursos electrónicos que pon a disposición dos seus usuarios e usuarias. A ferramenta foi desenvolvida coa inestimable axuda do Consorcio Bugalicia sobre a plataforma de código aberto SubjectsPlus.

Grazas a esta ferramenta, ou localizador de recursos-e, acádase un acceso integrado a todos os recursos-e que ofrece a Biblioteca, tanto os contratados como aqueles outros de acceso aberto seleccionados polo persoal bibliotecario. Por outra banda, o localizador inclúe tamén unha completa colección de guías temáticas baseadas nuhna selección de recursos de información para as distintas titulacións da Universidade de Vigo. Ofrécense tamén  outras guías especializadas en cuestións como a elaboración de bibliografías, a calidade das publicacións de investigación, o uso da biblioteca, etc.  O localizador complétase cunha sección de FAQs.

Este localizador está accesible dende a páxina web da Biblioteca Universitaria (apartado Buscar>Recursos electrónicos e apartado Servizos>Guías e tutoriais) e substitúe aos anteriores enlaces de "bases de datos", "revistas-e", "libros-e" e "referencia".

Imaxe: La Glanz Studio, en www.iconarchive.com/show/3d-vol2-icons-by-3dlb/target-icon.html

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

octubre 2024
LMMXVSD
30123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal