26 maio, 2014 | 12:29:00

Aperturas especias de bibliotecas con ocasión dos exames extraordinarios de xuño-xullo

Con ocasión da convocatoria extraordinaria de probas de avaliación que establece o calendario académico oficial  do presente curso 2013-2014, a Biblioteca Universitaria organizou un novo período de aperturas especiais a partir do vindeiro sábado, día 7 de xuño, cos seguintes calendarios e horarios:

- Aperturas nocturnas: luns a venres (días laborais) en horario ata as 3:00 h da madrugada, nas bibliotecas de Torrecedeira e Central de Ourense desde o luns 9 de xuño ata o venres 11 de xullo inclusive.  Na Biblioteca Central de Pontevedra as aperturas de noite terán lugar co mesmo horario entre o luns 9 de xuño e o mércores 9 de xullo.

- Aperturas de fin de semana: do sábado 7 de xuño ao domingo 13 de xullo, en horario ininterrompido de 8:00 a 22:00 h, nas bibliotecas de Torrecedeira e Central de Ourense. Estas aperturas de fin de semana na Biblioteca Central de Pontevedra terán lugar nese mesmo horario entre o sábado 7 de xuño e o domingo 6 de xullo.  Como reforzo, a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende, en Vigo, abrirá durante as fins de semana comprendidas entre o sábado 7 de xuño e o domingo 13 de xullo en horario de 9:00 a 21:00 h.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal