Este curso ten coma obxectivo dotar aos estudantes das competencias e habilidades necesarias para poder desenvolver correctamente os seus traballos fin de grao/carreira (TFG). As habilidades están relacionadas coa busca e uso da información: buscar, analizar e seleccionar a información dun xeito eficiente, organizala adecuadamente, utilizala e comunicala de forma ética e legal...
O curso está dispoñible na plataforma FAITIC e para realizalo precísanse ao redor de 10-15 horas de traballo. Aquelas persoas interesadas en facer este curso deben solicitalo previamente, aínda que a solicitude pode facela o estudante de xeito individual ou un docente para un grupo de alumnos/as. Más información na web da Biblioteca Universitaria.
Imaxe: josef.stuefer, "Write down my name", Flickr