31 outubro, 2013 | 09:10:00

Nomeamento da biblioteca central do campus de Ourense como ”Biblioteca Rosalía de Castro”

Organizado pola Vicerreitoría do campus de Ourense, onte tivo lugar, na biblioteca central do devandito campus, o acto do seu nomeamento como "Biblioteca Rosalía de Castro".  O acto contou coa asistencia do Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e doutras autoridades e personalidades universitarias, locais e provinciais...

Logo da benvida a cargo do Reitor, o Director da Biblioteca Universitaria, Gerardo Marraud, levou a cabo unha breve intervención enlanzado o nomeamento co significado de Rosalía e coa reivindicación do papel e función das bibliotecas na sociedade actual, en particular das bibliotecas universitarias.  Deseguido desenvolveuse a conferencia "A actualidade de Rosalía e Cantares Gallegos" polo profesor Anxo Angueira, da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.  O acto rematou cunha actuación da rapeira AID que cantou varios poemas de Rosalía en clave de rap.

Más información do acto no DUVI.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en conmemoracións
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal