25 outubro, 2013 | 11:13:00

Coñece as novidades bibliográficas das bibliotecas do campus Lagoas-Marcosende a través de Pinterest

Como froito dunha iniciativa da Sección de Coordinación e Proceso Técnico, púxose en marcha unha conta de Pinterest para informar dun xeito áxil, sinxelo e visual das novas adquisicións bibliográficas que chegan ás bibliotecas do campus Lagoas-Marcosende (Vigo).  A iniciativa conecta cun proxecto similar que se está a levar a cabo dende hai tempo nas bibliotecas do campus de Pontevedra (Central e Belas Artes)...

No caso das bibliotecas de Lagoas-Marcosende os taboleiros de Pinterest son de carácter temático: ciencias sociais e xurídicas, humanidades, ciencias, tecnoloxía e biblioteconomía-documentación.  O acceso ao Pinterest de novidades bibliográficas debe facerse dende os pequenos sitios web que ten cada unha das bibliotecas na plataforma About.me (outra ferramenta da web social que emprega a Biblioteca Universitaria).  Para iso hai que premer na pestana "Bibliotecas" da páxina web da Biblioteca.  Proximamente incorporaranse á iniciativa as bibliotecas de Torrecedeira e Central de Ourense.  Estas actuacións están encamiñadas a mellorar as canles de comunicación coa comunidade universitaria e, en xeral, cos usuarios e usuarias da Biblioteca da Universidade de Vigo.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en adquisicións
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal