Coa finalidade de facilitar a preparación dos exames da convocatoria especial de outubro de fin de carreira e titulacións a extinguir no campus de Vigo, a Biblioteca Universitaria programou aperturas nocturnas e de fin de semana nese campus...
O horario nocturno desenvolverase na biblioteca de Torrecedeira que abrirá ata as 03:00 h. da madrugada dende o vindeiro luns día 7 de outubro ata o venres 18 de outubro.
Do mesmo xeito, a biblioteca de Torrecedeira abrirá as fins de semana de 12-13 e 19-20 de outubro desde as 08:00 ás 22:00 h. Como reforzo, a biblioteca central do campus Lagoas-Marcosende tamén permanecerá aberta nesas mesmas fins de semana de 09:00 a 21:00 h.