BlogdaBiblio nace como unha nova canle de comunicación da Biblioteca da Universidade de Vigo cos seus usuarios e, en xeral, co conxunto da comunidade universitaria. Con esta iniciativa, a Biblioteca comeza a súa andaina no ámbito da "biblioteca 2.0".
Rematado o mes de decembro, a Biblioteca Universitaria continua co desenvolvemento da súa enquisa de opinión PREME (unha pregunta cada mes) dirixida aos seus usuarios. Neste caso, a pregunta do mes de xaneiro trata sobre os edificios e instalacións bibliotecarias.