28 novembro, 2008 | 11:25:00

A Biblioteca Central do campus de Ourense colabora na 6ª Olimpiada Solidaria de Estudio©

Desde o pasado día 5 de novembro, e ata o 5 de decembro, a Biblioteca Central do campus de Ourense participa nas actividades que se desenvolven no campus dentro da 6ª Olimpiada Solidaria de Estudio © organizada pola ONG Coopera (Jóvenes para la Cooperación al Desarrollo).

A Olimpíada está concibida como unha acción de sensibilización e educación ao desenvolvemento dirixida á xuventude.  Organizada desde 2003 en Logroño, este ano conta coa a participación como colaboradora da Universidade de Vigo. Para iso instalouse unha urna na Biblioteca Central do campus de Ourense na que os alumnos e alumnas poden rexistrar nela as súas horas de traballo e estudo para trocalas despois por euros simbólicos.  Por cada euro simbólico, os patrocinadores da iniciativa (entidades públicas e empresas privadas) destinarán un euro a financiar proxectos educativos en Ecuador, Camerún, Haití e Angola.  Para máis información sobre a iniciativa pode consultarse a páxina que Coopera dedica no seu sitio web, así como a propia web da Olimpiada.
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

octubre 2017
LMMXVSD
2526272829301
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
303112345
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal