24 abril, 2017 | 08:44:00

Exposición libros salvavidas no campus de Vigo

Co gallo do Día do Libro, e como actividade paralela á campaña Libros salvavidas, a biblioteca central do campus de Vigo acolle unha exposición bibliográfica relacionada coa axuda humanitaria, cos conflitos que provocan éxodos e coas migracións. Libros e películas estarán expostos ata final de mes (neste tempo tamén se poden levar en préstamo eses libros). Pódese ver o contido da mostra en Pinterest...

19 abril, 2017 | 14:50:00

Campaña ”Libros salvavidas”

A Biblioteca Universitaria de Vigo pon en marcha a campaña "Libros salvavidas" co fin de mobilizar a comunidade universitaria ante unha das maiores crises humanitarias da historia, que leva a máis dun millón de persoas a emprenderen unha perigosa travesía polo Mediterráneo cara ás costas europeas. Libros salvavidas consiste na recollida, en todas as bibliotecas da universidade, de libros en bo estado que calquera persoa queira doar (novelas, cómics, libros de cine, de música, libros infantís... non libros de texto nin de investigación). Venderemos estes libros nos mercados solidarios que instalaremos nos tres campus os días 25, 26 e 27 de abril, e toda a recadación irá destinada á ONG Proem-aid, que socorre as persoas que chegan por mar á illa de Lesbos.

6 abril, 2017 | 10:48:00

Calendario das aperturas especiais de bibliotecas en abril e maio

A Biblioteca Universitaria anuncia a posta en marcha do programa de aperturas especiais (nocturnas e de fin de semana) co gallo dos exames do segundo cuadrimestre.  As aperturas, que comezarán o vindeiro sábado 22 de abril, inclúen os festivos do 1 de maio e do 17 de maio, Días das Letras Galegas...

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

abril 2017
LMMXVSD
272829303112
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
1234567
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal