14 abril, 2023 | 11:52:00

Novo período de aperturas extraordinarias de bibliotecas desde o 29 de abril ao 16 de xullo de 2023

A Biblioteca Universitaria anuncia unha nova programación de aperturas extraordinarias (nocturnas e de fin de semana) con motivo do desenvolvemento do segundo período de exames e da convocatoria de segunda oportunidade. A programación, que comezará o sábado 28 de abril e remataró o vindeiro 16 de xullo, consta do seguinte calendario e horarios...

29 marzo, 2023 | 12:35:00

I Xornadas sobre Ciencia Aberta na Universidade de Vigo

Os vindeiros días 1 e 2 de xuño de 2023, a Universidade de Vigo vai acoller ás I Jornadas de Ciencia Abierta. Organizadas pola Crue e a universidade viguesa, coa colaboración do Consorcio da Zona Franca de Vigo, as xornadas inclúen, entre outros actos, varias mesas redondas e un obradoiro práctico nos que se abordarán diversos temas relacionados coa ciencia aberta, como a xestión de datos, a publicación en acceso aberto e a avaliación da investigación...

22 decembro, 2022 | 11:04:00

Entra en funcionamento o novo buscador da Biblioteca

Xa está accesible o novo Perseo, o buscador que substitúe ao antigo catálogo bibliotecario e facilita unha procura integrada nos recursos bibliográficos impresos e dixitais dispoñibles na Biblioteca Universitaria, así como noutros recursos alleos. Grazas á súa interface única, Perseo permite buscar no catálogo e nos recursos electrónicos da biblioteca, nas bibliografías recomendadas, no repositorio Investigo e en recursos de acceso aberto. O acceso pode facerse directamente desde o enderezo https://perseo.uvigo.gal ou desde o apartado "Atopar información" da páxina web da Biblioteca, na que tamén se pode atopar unha guía de uso de Perseo...

28 novembro, 2022 | 10:53:00

Aperturas especiais de bibliotecas en decembro 2022 e xaneiro 2023

Para facilitar a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria programou unha nova apertura de bibliotecas en horarios nocturnos e de fin de semana a partir do vindeiro sábado 3 de decembro. Estas aperturas desenvolveranse consonte o seguinte calendario:

24 outubro, 2022 | 08:42:00

Semana Internacional do Acceso Aberto na Universidade de Vigo

Do 24 ao 30 de outubro celébrase a Semana internacional do acceso aberto, unha iniciativa anual dirixida a promover o acceso aberto no mundo académico e da investigación. Este ano o seu lema é "Aberto para a xustiza climática" e ten como obxectivo concienciar sobre como o acceso aberto pode ser un medio para acadar mais xustiza climática...


1 2 3 4 5 > >>
Amosando páxina 1 de 186 rexistros

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

junio 2023
LMMXVSD
2930311234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293012
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2023 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal