9 febreiro, 2009 | 10:50:00

Novidades e melloras na ”Web of Knowledge”

Thomson Reuters vén de levar a cabo diversos cambios na Web of Knowledge coa inclusión de novas funcionalidades que melloran as formas de buscar, analizar e utilizar a información das bases de datos Web of Science, Journal Citation Report e End note Web. A información pódese consultar na páxina de novidades da FECYT.

4 febreiro, 2009 | 23:15:00

Entrevista a Catuxa Seoane: ”a biblioteca 2.0 non é cuestión de poder, senón de querer”

Os pasados días 19 e 20 de xaneiro, estivo na UVigo impartindo un curso sobre "Biblioteca 2.0" ao persoal da Biblioteca Universitaria, Catuxa Seoane, unha das principais expertas en España e en Galicia sobre a biblioteca 2.0. Aproveitando a súa estancia no campus, mantivemos con ela unha breve entrevista sobre o 2.0 e as bibliotecas. Licenciada en Documentación por la Universidad Carlos III de Madrid, e actualmente bibliotecaria do sistema de Bibliotecas Municipais de A Coruña, Catuxa Seoane é tamén editora do blog Deakialli Documental, un dos blogues de referencia no campo da biblioteconomía, a documentación e a biblioteca 2.0.

1 febreiro, 2009 | 17:36:00

Pregunta de febreiro da enquisa “PREME”: satisfacción co trato do persoal bibliotecario

Como vén sendo habitual, a Biblioteca Universitaria, unha vez finalizado o mes de xaneiro, lanza unha nova pregunta da súa enquisa de satisfacción PREME (unha pregunta ao mes). Nesta ocasión a pregunta correspondente ao mes de febreiro trata da satisfacción co trato e atención que os usuarios reciben por parte do persoal da Biblioteca Universitaria.

11 xaneiro, 2009 | 20:35:00

Restaurado o acceso a enquisa ´Preme´ do mes de xaneiro

Por mor de problemas técnicos, a enquisa mensual da Biblioteca Universitaria non foi activada ata o pasado sábado, día 10 de xaneiro. Pregamos desculpas aos usuarios e usuarias da Biblioteca, en especial a aqueles que intentaron responder á enquisa durante os días pasados.

2 xaneiro, 2009 | 14:07:00

Está satisfeito cos edificios das bibliotecas?: pregunta de xaneiro da enquisa ´PREME´

Rematado o mes de decembro, a Biblioteca Universitaria continua co desenvolvemento da súa enquisa de opinión PREME (unha pregunta cada mes) dirixida aos seus usuarios.  Neste caso, a pregunta do mes de xaneiro trata sobre os edificios e instalacións bibliotecarias.


<< < 30 31 32 33 34 35 36 37 38 > >>
Amosando páxina 34 de 196 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal