15 setembro, 2014 | 19:42:00

Lanzamento da versión para dispositivos móbiles da web da Biblioteca

A Biblioteca Universitaria lanza hoxe a versión para dispositivos móbiles do seu portal web.  O desenvolvemento desta versión está baseado na filosofía do responsive design ou deseño adaptable que permite adecuar a visualización e apariencia dunha web ao tipo de dispositivo móbil que se está a utilizar para navegar (portátil, tablet, smartphone, pantalla wide...).

Esta versión móbil céntrase nas seccións e contidos máis consultados da web da Biblioteca, de xeito que non da acceso á totalidade de apartados, seccións e contidos que ofrece a versión de escritorio.  A nova versión organízase en sete apartados: "Buscar", "Servizos", "Bibliotecas", "Horarios", "Catálogo", "A miña conta" e "Blogdabiblio".  Ademais incorpora un enlace á enquisa de satisfacción e outro aos datos de contacto no que se inclúe o acceso ao formulario de suxestións e reclamacións.

Para acceder á versión móbil abonda con pulsar no enlace "Móbil" que aparece na cabeceira da web xunto á selección do idioma.

Publicado por GMG | Comentarios (3) | Visitas (4839)
Archivado en web

comentarios

Mariachi Vigo | El Mariachi de Galicia | A Coruña | Ourense | Lugo | Pontevedra | Portugal. Sorprende a tu prof, amig@s, pareja, etc, con una serenata con el mariachi vigo. Visita nuestra web: www.mariachivigo.com
Publicado por: Mariachi Vigo | 29/03/2015 20:08:43
Ola bo día, Ana. Con relación aos problemas de funcionamento desde Android, onte e hoxe fixemos probas desde diversos dispositivos con este sistema operativo e todo funciona correctamente. Penso que o problema ten que ver máis ben co teu dispositivo. En canto aos enlaces ao catálogo, dicirche que o enlace dedicado pretende poñer en valor este recurso feito co traballo da nosa biblioteca que, segundo os nosos datos, recibe unha boa parte do tráfico da nosa web. Aínda que teña ese enlace dedicado, parece lóxico que tamén estea na sección "buscar" ao tratarse dun recurso orientado á busca. Saúdos e grazos polos teus comentarios.
Publicado por: GMG | 17/09/2014 11:03:18
Non entendo por que se manteñen dous enlaces para acceder ao catálogo, se o que se busca é ofrecer una interface simplificada. A min non me funciona ningún dos dous nun teléfono con android, nin o acceso á miña conta.
Publicado por: anacosque | 16/09/2014 17:51:56
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

abril 2017
LMMXVSD
272829303112
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
1234567
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal