11 decembro, 2008 | 11:03:00

O catálogo da Biblioteca enriquécese con ”Syndetics”

Dentro da súa preocupación por mellorar o servizo que ofrece aos usuarios, a Biblioteca Universitaria incorpora ao seu catalogo en liña Perseo unha nova funcionalidade de enriquecemento dos rexistros bibliográficos. Grazas ao servizo Syndetics, os rexistros do catálogo pasan a incorporar informacións complementarias dos libros, vídeos e DVD catalogados. O servizo, que vén de ser posto en marcha pola Sección de Proceso Técnico e Catalogación, amplía a información ofrecida polo catálogo coas imaxes das cubertas dos libros, os índices de contido, resumos, notas sobre o autor, reseñas e, en ocasións, algún dos capítulos da obra, normalmente o primeiro.

O concepto de enriquecemento do catálogo designa a inclusión nos catálogos bibliotecarios de información adicional aos datos da catalogación (autor, título, editorial, ano de publicación, materias, etc.). A nova información é de diversa índole e pode proceder do propio libro (cuberta, portada, índices de contido, capítulos de mostra, textos de solapa, etc.) ou de fontes externas como reseñas, sinopsis, informacións sobre o autor, etc.

O enriquecemento do catálogo intenta achegar máis os documentos ao usuario. Así, se xa desde fai tempo moitos dos rexistros do catálogo da Biblioteca da Universidade de Vigo inclúen enlaces ao documento final (en especial no ámbito das revistas, ben sexa ao texto completo, ben aos seus sumarios e/ou resumos), grazas a Syndetics amplíase a información dun considerable número de materiais da colección, principalmente editados en países anglosaxóns, aínda que tamén doutros países e zonas lingüísticas, incluído España.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

septiembre 2017
LMMXVSD
28293031123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829301
2345678
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal