20 novembro, 2008 | 11:21:00

A Biblioteca Central do Campus de Pontevedra conmemora o ”Día Universal da Infancia”

Hoxe,  20 de novembro,  celébrase o Dia Universal da Infancia. A  Biblioteca Central do Campus de Pontevedra súmase ás actividades de conmemoración organizadas pola Universidade de Vigo no devandito campus cunha selección de cine e documentais da colección da Biblioteca Universitaria.



A conmemoración do Día Universal da Infancia foi promovida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1954 mediante a resolución 836 (IX), que recomendaba aos gobernos de todos os países a institución dun día universal do neno con actividades encamiñadas a promover o benestar dos nenos no mundo. Anos despois, en 20 de novembro de 1959, aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno que foi completada máis tarde pola Convención dos Dereitos do Neno aprobada o 20 de novembro de 1989 que foi ratificada por 192 países. Desde entón elixiuse o 20 de novembro como data da conmemoración do día dedicado á infancia en todo o mundo.

A selección de filmografía, baseada en películas incluídas na colección da Biblioteca Central do campus de Pontevedra, pode consultarse no catálogo virtual da mostra publicado en Issuu que pretende achegarnos as distintas realidades da infancia no mundo.

Máis información sobre o Día Universal da Infancia pode atoparse na web de Nacións Unidas, a web do Comité Español de UNICEF ou na Wikipedia.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

octubre 2017
LMMXVSD
2526272829301
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
303112345
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal