1 febreiro, 2009 | 17:36:00

Pregunta de febreiro da enquisa “PREME”: satisfacción co trato do persoal bibliotecario

Como vén sendo habitual, a Biblioteca Universitaria, unha vez finalizado o mes de xaneiro, lanza unha nova pregunta da súa enquisa de satisfacción PREME (unha pregunta ao mes). Nesta ocasión a pregunta correspondente ao mes de febreiro trata da satisfacción co trato e atención que os usuarios reciben por parte do persoal da Biblioteca Universitaria.

Imaxe: Jeff McNeill, tomada de Flickrhttp://www.flickr.com/photos/jeffmcneill/2948062648/sizes/m

Desde hoxe 1 de febreiro, e ata o próximo día 28, está a disposición dos usuarios unha nova pregunta da enquisa de satisfacción cos servizos da Biblioteca.  Ao longo deste mes a pregunta que se formula é: Está satisfeito/a co trato e atención que recibe do persoal da biblioteca?

No mes anterior, a pregunta sobre o grao de satisfacción cos edificios e instalacións bibliotecarias non obtivo o nivel desexable de resposta (unicamente recolléronse 87 enquisas) que non permiten unha mínima representatividade dos seus resultados. Non obstante, e a efectos meramente indicativos, pódese sinalar que a media de satisfacción cos edificios bibliotecarios das respostas recollidas sitúase en 3,66 puntos sobre 5, é dicir, a medio camiño entre "algo satisfeito" e "bastante satisfeito". Como en ocasións anteriores, a Biblioteca agradece vivamente a súa colaboración aos usuarios e usuarios que se brindaron a responder á enquisa de xaneiro, á vez que anima a todos os/as usuarios/as a participar máis activamente na enquisa do mes de febreiro.

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

octubre 2018
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930311234
567891011
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2018 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal