9 xullo, 2012 | 12:09:00

Un cadáver na biblioteca (selección de cine e novela negra para vacacións)

Ultimamente hai certo alboroto na Biblioteca Central do Campus de Vigo. Á aparición dun primeiro "cadáver" cunha enorme mensaxe que dicía "proximamente aquí haberá moito que investigar", seguiu un segundo. Esta vez, unha muller caía aos pés da escaleira (os impactos das balas que acabaron con "ela", a silueta pintada pola policía e o rastro de sangue que deixou, aínda poden verse). A sombra de Hitchcock asoma tras os cristais dun lucernario, e cada día, manchas de sangue aparecen sobre as mesas… Fálase  "Dun cadáver na biblioteca…

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en expos
21 xuño, 2012 | 14:22:00

ELIXIDA A PROPOSTA GAÑADORA DO CONCURSO PARA O NOME DO REPOSITORIO INSTITUCIONAL DA UVIGO

Logo das deliberacións na reunión celebrada hoxe, día 21 de xuño, o xurado encargado de resolver o concurso para elixir o nome do repositorio institucional da UVigo, fallou a favor da proposta presentada por Paz de la Peña Santos, membro do PAS da área de Biblioteca.  O nome finalmente seleccionado foi "INVESTIGO"...

11 xuño, 2012 | 11:33:00

Aperturas especiais de bibliotecas para os exames de xullo

Coa chegada do novo período de exames do mes de xullo, a Biblioteca Universitaria vai pór en marcha máis horarios especiais de apertura de bibliotecas.  Estes horarios, nocturnos e de fin de semana, empezarán o vindeiro sábado 23 de xuño. As aperturas nocturnas terán lugar de luns a venres nas bibliotecas de Torrecedeira, central de Ourense e central de Pontevedra. O horario nocturno comezará o luns 25 de xuño e rematará o venres 13 de xullo...

Publicado por GMG | Comentarios (2)
Archivado en horario
25 maio, 2012 | 14:27:00

Préstamo especial durante os exames de xullo

Como apoio ao alumnado durante o período de exames de xullo, a Biblioteca Universitaria vai pór en marcha unha modalidade especial de préstamo para os/as estudantes de grao e de 1º e 2º ciclo.  Esta nova modalidade, que comezará a partir do vindeiro luns, día 4 de xuño, permite ter libros e materiais en  préstamo ata como máximo o 18 de xullo.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en préstamo
7 maio, 2012 | 13:24:00

ENQUISA PREME DE MAIO-XUÑO 2012: SATISFACCIÓN COA ATENCIÓN ÁS SUXESTIÓNS DE COMPRA

Co inicio do mes de maio, compre efectuar una nova pregunta no marco da enquisa de satisfacción cos servizos que presta a Biblioteca Universitaria.  Neste caso, a pregunta trata sobre a atención das suxestións de adquisición de libros e outros materiais bibliotecarios que fan os/as usuarios/as da Biblioteca...


<< < 17 18 19 20 21 22 23 24 25 > >>
Amosando páxina 21 de 192 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal