23 novembro, 2012 | 09:30:00

Peche definitivo do metabuscador Pórtico

Notificáse que o metabuscador Pórtico deixará de estar operativo definitivamente desde o vindeiro martes 27 de novembro de 2012. A partir dese momento as buscas de información terán que facerse directamente dende as bases de datos, portais de libros-e e portais de revistas-e...

20 novembro, 2012 | 10:22:00

Aperturas especiais de bibliotecas co gallo dos exames de decembro 2012

Ante a chegada do período de exames de decembro, a Biblioteca Universitaria pon en marcha unha nova programación de aperturas especiais nos tres campus a partir do vindeiro 24 de novembro e ata o 20 de decembro...

Publicado por GMG | Comentarios (2)
Archivado en horario
5 novembro, 2012 | 09:44:00

Enquisa sobre a satisfacción xeral cos servizos da Biblioteca

Coa chegada do final do ano 2012, a Biblioteca Universitaria, dentro do seu interese por coñecer a opinión do seu público, formula a súa pregunta anual da enquisa PREME sobre o grao de satisfacción xeral cos seus servizos. Esta enquisa constitúe un elemento máis da filosofía de mellora continua do sistema de xestión da calidade da Biblioteca. Por iso, prégase aos usuarios e ás usuarias que colaboren nela respondendo de forma completamente anónima á pregunta  En xeral, está satisfeito/a co servizo da Biblioteca Universitaria?

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en calidade , enquisas
16 outubro, 2012 | 15:21:00

As bibliotecas centrais certifican o seu sistema de xestión ambiental ISO 14001

Onte tivo lugar, na Reitoría do campus Lagoas-Marcosende (Vigo), a entrega do certificado do sistema de xestión ambiental, baixo a norma ISO 14001, concedido por AENOR ás tres Bibliotecas centrais dos campus de Ourense, Vigo e Pontevedra.  No ano 2011 a UVigo puxo en marcha unha iniciativa dirixida a implantar un sistema de xestión ambiental segundo a norma ISO 14001.  A iniciativa, inscrita  no marco do Plan SUMA, está liderada pola OMA (Oficina de Medio Ambiente) da UVigo e conta co respaldo da Vicerreitoría de Economía e Planificación, a Xerencia e o Departamento Técnico de Obras, Instalacións e Infraestruturas...

14 setembro, 2012 | 08:19:00

3ª ed. do curso ”Máis alá de Google:como buscar e xestionar información para un traballo académico”

Xa está dispoñible en Bubela a convocatoria da 3ª edición do curso "Máis alá  de Google: como buscar e xestionar información para un traballo académico" organizado pola Biblioteca Universitaria...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en cursos

<< < 16 17 18 19 20 21 22 23 24 > >>
Amosando páxina 20 de 192 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal