27 febreiro, 2013 | 14:03:00

Lanzamento da nova web da Biblioteca Universitaria

A Biblioteca Universitaria lanza hoxe a súa nova web cun deseño máis visual e dinámico que, ademais, trata de favorecer a usabilidade web.  O obxectivo principal do novo portal é que usuarios e usuarias poidan atopar a información da forma máis intuitiva e natural posible.  Para iso identificáronse seis bloques principais que permiten categorizar toda a información referente á Biblioteca: "Buscar", "Servizos", "Bibliotecas", "Sobre a Biblioteca Universitaria", "Blogdabiblio" e "Arquivo Universitario"...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en web
22 febreiro, 2013 | 13:25:00

Nova versión de Pórtico, o buscador de recursos-e da Biblioteca

Logo dos traballos conxuntos co Consorcio Bugalicia e as bibliotecas das universidades galegas, xa está dispoñible a nova versión de Pórtico, o buscador de recursos electrónicos da Biblioteca Universitaria.  Nestes momentos, a través do buscador pódense atopar as revistas e os libros electrónicos e acceder ao listado de bases de datos da biblioteca...

21 xaneiro, 2013 | 12:36:00

Nova edición do curso Máis alá de Google

A Biblioteca Universitaria vai ofrecer próximamente unha nova edición do curso "Máis alá de Google: como buscar e xestionar información para un traballo académico" dirixido ao alumnado da UVigo.  Como en anteriores edicións, este curso conta co recoñecemento de 2 créditos de libre elección e 1 crédito ECTS...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en cursos
17 xaneiro, 2013 | 13:48:00

Curso en competencias informacionais para o alumnado de 1º grao

A Biblioteca Universitaria ofrece un curso virtual (Faitic) en competencias informacionais para o alumnado de 1º grao.  Este curso xurde no marco do convenio UniCI2 coa finalidade de facilitar ao alumnado da UVigo a adquisición de competencias básicas na busca, avaliación e uso da información...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en cursos , usuarios
20 decembro, 2012 | 12:33:00

Ampliación de aperturas especiais de bibliotecas no campus de Vigo

Coa finalidade de atender as necesidades de espazos de estudo e preparación dos exames das titulacións de Enxeñería Industrial a celebrar no campus de Vigo desde o 7 ao 11 de xaneiro de 2013, a Biblioteca Universitaria programou unha ampliación das aperturas nocturnas e de fin de semana nese campus...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario

<< < 15 16 17 18 19 20 21 22 23 > >>
Amosando páxina 19 de 192 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal