11 xuño, 2012 | 11:33:00

Aperturas especiais de bibliotecas para os exames de xullo

Coa chegada do novo período de exames do mes de xullo, a Biblioteca Universitaria vai pór en marcha máis horarios especiais de apertura de bibliotecas.  Estes horarios, nocturnos e de fin de semana, empezarán o vindeiro sábado 23 de xuño. As aperturas nocturnas terán lugar de luns a venres nas bibliotecas de Torrecedeira, central de Ourense e central de Pontevedra. O horario nocturno comezará o luns 25 de xuño e rematará o venres 13 de xullo...

Pola súa banda, as aperturas de fin de semana terán lugar nesas mesmas bibliotecas aínda que con datas diferentes. Nas bibliotecas centrais de Ourense e Pontevedra, as aperturas de fin de semana desenvolveranse dende o sábado 23 de xuño ata o domingo 8 de xullo cun horario de 8 a 22 horas.  A maiores, durante o día 11 de xullo, festivo na cidade de Pontevedra, a biblioteca central do campus de Pontevedra abrirá tamén de 8 a 22 horas.

No campus de Vigo, por mor da ampliación autorizada dos exames das titulacións das enxeñarías, a apertura de fin de semana estenderase ata o 15 de xullo.  Deste xeito, a biblioteca de Torrecedeira abrirá durante as fins de semana comprendidas entre o sábado 23 de xuño e o domingo 15 de xullo en horario de 8 a 22 horas. Como reforzo a biblioteca central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) abrirá nesas mesmas fins de semana en horario de 9 a 21 horas.

Foto: Hilde Skjølberg, "Minimalism-outtake" en Flickr.

comentarios

Moitas grazas polo aviso. Xa está o erro corrixido.
Publicado por: GMG | 11/06/2012 12:54:52
Penso que hai un erro no último parágrafo "fins de semana comprendidas entre o sábado 23 de XULLO e o domingo 15 de xullo"
Publicado por: anacosque | 11/06/2012 12:08:03
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

julio 2017
LMMXVSD
262728293012
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31123456
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal