20 abril, 2011 | 12:06:00

Conferencia Universidade 2.0: en busca da innovación educativa

O vindeiro 12 de maio, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, vai ter lugar a 1ª Conferencia Universidade 2.0. A conferencia oriéntase a compartir experiencias e suscitar debates ao redor da aplicación das tecnoloxías 2.0 no ámbito da educación superior e conta coa participación das tres universidades galegas e das súas correspondentes bibliotecas integradas no comité organizador.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en congresos
22 marzo, 2011 | 11:02:00

Lanzamento da nova WoK 5.2

A FECYT informa que a finais deste mes de marzo estará dispoñible a nova WOK 5.2. Entre as novas funcionalidades e melloras que incorpora a plataforma pódense sinalar as seguintes:

9 marzo, 2011 | 11:12:00

Enquisa PREME marzo-abril: a satisfacción co trato e atención recibido do persoal

Debido ao seu interese por coñecer a opinión dos seus usuarios e usuarias, a Biblioteca Universitaria está a recoller periodicamente unha enquisa web sobra o grao de satisfacción con seus servizos.  Con esta finalidade, ao longo destes meses de marzo e abril, estará dispoñible una enquisa sobre a satisfacción dos usuarios/as co trato e atención que reciben do persoal bibliotecario.

12 xaneiro, 2011 | 09:32:00

Enquisa PREME de xaneiro-febreiro: a satisfacción cos edificios das bibliotecas

Co novo ano chega unha nova pregunta da enquisa PREME de satisfacción dos usuarios coa Biblioteca. Así, ao longo de xaneiro e febreiro preguntarase sobre o grao de satisfacción cos edificios e instalacións das bibliotecas.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en calidade , enquisas
28 decembro, 2010 | 13:05:00

CALENDARIO DAS APERTURAS ESPECIAIS DE BIBLIOTECAS (NOITES E FINS DE SEMANA) EN XANEIRO DE 2011

Có gallo dos exames do mes de xaneiro, a Biblioteca Universitaria  ten previsto iniciar os seus horarios de aperturas especias en noites e fins de semana nos tres campus.  As devanditas aperturas terán lugar nas bibliotecas centrais dos campus de Pontevedra e Ourense, e na biblioteca de Torrecedeira en Vigo. Como reforzo á oferta bibliotecaria, a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) abrirá tamén en fin de semana.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario

<< < 21 22 23 24 25 26 27 28 29 > >>
Amosando páxina 25 de 192 rexistros

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

abril 2024
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293012345
6789101112
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal