20 novembro, 2012 | 10:22:00

Aperturas especiais de bibliotecas co gallo dos exames de decembro 2012

Ante a chegada do período de exames de decembro, a Biblioteca Universitaria pon en marcha unha nova programación de aperturas especiais nos tres campus a partir do vindeiro 24 de novembro e ata o 20 de decembro...

Os horarios especiais de apertura nocturna e de fin de semana organizáronse de acordo coas datas de exames que figuran nas webs dos Centros da UVigo e do calendario académico 2012-2013 aprobado polo Consello de Goberno.

- Aperturas nocturnas: de luns a venres, ata as 03:00 h. da madrugada, nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, desde o 26 de novembro ao 20 de decembro, ambos os dous incluídos.

- Aperturas fin de semana: as fins de semana de 24-25 de novembro, 1-2 de decembro, 8-9 de decembro e 15-16 de decembro, ademais do festivo día 6 de decembro (día da Constitución), en horario ininterrompido de 08:00 a 22:00 h. nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra.  Como refozo no campus de Vigo, a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) abrirá eses mesmos días en horario de 09:00 a 21:00 h.

Estamos á espera de confirmar as datas de novas aperturas especiais con motivo dos exames das titulacións de enxeñaría programados a partir do 8 de xaneiro de 2013.

comentarios

Bo día: A ampliación da apertura especial das Bibliotecas de Torrecedeira e a Central de Vigo nos primeiros días de xaneiro débese a que as titulacións da Enxeñaría Industrial prolongan os exames ata o 11 de xaneiro.
Publicado por: pazc | 21/12/2012 14:33:10
Xa saiu o horario de apertura da Biblioteca de Torrecedeira a partir do 20 de decembro. Na Biblioteca Central do Campus de Pontevedra e na de Ourense cal é o horario? Non haberá apertura especial? Moitas grazas.
Publicado por: gumer_ | 18/12/2012 2:58:17
TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

septiembre 2017
LMMXVSD
28293031123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829301
2345678
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal