16 outubro, 2012 | 15:21:00

As bibliotecas centrais certifican o seu sistema de xestión ambiental ISO 14001

Onte tivo lugar, na Reitoría do campus Lagoas-Marcosende (Vigo), a entrega do certificado do sistema de xestión ambiental, baixo a norma ISO 14001, concedido por AENOR ás tres Bibliotecas centrais dos campus de Ourense, Vigo e Pontevedra.  No ano 2011 a UVigo puxo en marcha unha iniciativa dirixida a implantar un sistema de xestión ambiental segundo a norma ISO 14001.  A iniciativa, inscrita  no marco do Plan SUMA, está liderada pola OMA (Oficina de Medio Ambiente) da UVigo e conta co respaldo da Vicerreitoría de Economía e Planificación, a Xerencia e o Departamento Técnico de Obras, Instalacións e Infraestruturas...

Nunha primeira fase, contemplábase a implantación do sistema no Servizo de Deportes e nas tres Bibliotecas centrais que logo dun intenso traballo adaptaron o seu funcionamento ás normativas medioambientais. O obxectivo é optimizar a xestión dos recursos que utilizan e dos residuos que xeran, pero tamén tratar de reducir os seus impactos ambientais e prever os riscos asociados as situacións accidentais.

Máis información na web da OMA e na nova publicada polo DUVI

TAGS

Buscador

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

noviembre 2017
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2017 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal